1/2/19

Celebramos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Chegado este gran día de celebración o noso colexio xa está totalmente preparado despois de levar a cabo todas as actividades que propuxemos:
  • POEMAS PARA A PAZ
  • LIBROS PARA A PAZ
  • VÍDEOS CONMEMORATIVOS 
  • VÍDEO-CONTO "O ESQUÍO PREGUICEIRO"
  • LECTURA DE POEMAS NA BIBLIOSOÑOS
  • AMBIENTACIÓN COAS POMBAS DA PAZ e O NOSO MUNDO.
  • Manifesto: AS NENAS E OS NENOS APRENDEN O QUE VIVEN
 No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo das mesmas.



29/1/19

Vídeo-Conto "O ESQUÍO PREGUICEIRO

O alumnado de 6º curso de Valores Socias e Cívicos prepararon un vídeo-conto para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia.
Este conto é unha adaptación realizada por Xosé Lueiro da fábula de Esopo “La cigarra y la hormiga”. 
A intencionalidade didáctica desta historia quere poñer en valor o traballo e o esforzo frente á pereza ou preguiza. 
 Está narrado por Tábata, Julia, Carmen e Bryan, alumnas e alumno de 6º curso. 
A continuación do conto podemos escoitar a canción que leva o mesmo título “O esquío preguiceiro”, cantada polo alumnado de 1º curso.


17/1/19

POEMAS PARA A PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA, por iso nas aulas xa se están levando a cabo diferentes actividades.
Dende a Bibliosoños propoñemos as seguintes:
  • Como este curso está adicado ás POÉTICAS DIVERSAS seguimos pedindo traballos sobre apoesía, neste caso sobre o tema da PAZ.
  • O mércores, 30 de xaneiro, no tempo do recreo e na Biblioteca, faremos un maratón de lectura destes poemas.
  • Recolleremos imaxes da actividade e faremos un vídeo especial.
  • Co alumnado de 6º curso realizaremos un vídeo conmemorativo deste día coa canción "O PROGRESO".

31/1/18

Celebramos o Día da Paz

Despois do recreo, todo o alumnado e profesorado do colexio, xuntámonos no ximnasio para bailar e cantar "cancións do mundo":
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985. Nós fixemos unha tradución ao galego seguindo a versión en castelá.
Tamén fixemos a entrega dun diploma á gañadora do VIII concurso "Adhesivo pola Paz": 
Sonia Mora Seijo

29/1/18

Finalistas e gañadora do concurso de adhesivo POLA PAZ

Os traballos finalistas para elaborar os adhesivos conmemorativos xa están expostos e mañá, durante a celebración farase a entrega dos mesmos.
Os finalistas foron os traballos de:
  • Sonia de 4º Infantil
  • Raquel de 6º Infantil
  • Irea de 1º curso
  • Martina de 5º curso



E a gañadora é Sonia de 4º Infantil

11/1/18

Adhesivo conmemorativo

VIII CONVOCATORIA PARA O CONCURSO 
DE LEMA E DEBUXO SOBRE A PAZ

8/1/18

Cancións para celebrar o Día da Paz

Este curso imos aprender cancións de diferentes países do mundo:
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985, producida por Quincy Jones e gravada por un gran grupo de músicos famosos formado especialmente para a ocasión que se denominou USA for Africa ( United Support of Artists for Africa). Os beneficios obtidos pola canción foron doados a unha campaña humanitaria para tentar acabar coa tremenda fame negra en Etiopía.
Na seguinte páxina atopamos as músicas e letras das mesmas
Clica na imaxe
https://sites.google.com/site/aulademusica1718/home/dia-da-paz-e-non-violencia

30/1/17

Celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia


Hoxe celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz; a iniciativa xurdiu da iniciativa do  Inspector de Ensino Lorenzo Vidal, no ano 1964
No noso colexio levamos a cabo unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o Amor é mellor que o odio, a Non-Violencia mellor que a violencia e a Paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).


Foron moitas e variadas as actividades que levamos a cabo na semana pasada para traballar os valores que emanan deste día:

  • Concurso de adhesivo (pegatina) con debuxo e lema para conmemorar esta data.
o   As gañadoras foron Tania López de 4º de primaria e Julio Otero de 5º de infantil.

  • Murais conmemorativos, letras pola paz…
·         Hoxe cantamos as cancións que preparamos:
o   Unha cura de amor (infantil e 1º e 2º curso)
o   Vois sur ton chemin (Da película Los chicos del coro). Toda a primaria
o   O teu inimigo (Canción traducida ao galego de Pablo López) con coreografía incluída.

  •  A CONTINUACIÓN FIXEMOS UNHA SOLTA DE POMBAS todos xuntos no patio do colexio. 


27/1/17

Ambientamos o colexio

Para conmemorar o Día Escolar da Paz e Non Violencia todos os anos facemos murais e traballos para ambientar o noso colexio.


No seguinte vídeo podemos velos.

Xa temos gañadoras do concurso do ADHEXIVO POLA PAZ

Noraboa a todas e todos os participantes, fixéchedes uns traballos moi orixinais e bonitos! 
Nesta ocasión foron dúas nenas as gañadoras: 
  •  Julia Otero, de 5º Infantil, polo seu debuxo. 
  • Antía López, de 4º Primaria, polo seu lema:   
"O amor é o primeiro paso para un longo camiño 
de paz"

25/1/17

Letras pola PAZ

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un traballo moi especial:
  • Con ceras de moitas cores que pegaron formando a letra inicial do seu nome.
  • Ademais escribiron unha palabra con esa inicial asociada á PAZ.
  • A continuación podemos ver o vídeo de todo o proceso

23/1/17

Traballos do alumnado para o concurso do adhesivo

Participaron todos os nenos e nenas do colexio no VII Concurso para o Adhesivo Conmemorativo,
na seguinte presentación podemos ver todos os debuxos e lemas.
Agora estamos á espera de saber quen foi o gañador ou gañadora, pero temos que felicitar a todo o alumnado polo traballo realizado: uns debuxos moi orixinais e ben acabados, vai ser moi difícil decidir cal será o que se converta en adhesivo.
Noraboa a todos e a todas!!!



18/1/17

Cancións conmemorativas da PAZ 2017

Este ano preparamos 3 cancións:
  • Infantil, 1º e 2º curso cantarán "Unha cura de amor"
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: "Vois sur ton chemin"
  • Todos os nenos e nenas de Primaria farán unha coreografía coa canción "O teu inimigo" de Pablo López.
  • No seguinte vídeo os alumnos e alumnas de 6º curso preparan as cancións.

Adhesivo conmemorativo


8/1/17

Cancións para o Día da Paz 2017

Coa chegada do novo ano comezamos no mes de xaneiro a preparar as cancións que cantaremos o Día da Paz, (luns, 30 de xaneiro). Podemos atopalas na seguinte páxina, clica na imaxe.

https://sites.google.com/site/recursosparaodiadapaz/cancions-para-a-paz-no-colexio/as-nosas-cancions-para-a-paz-2017

29/1/16

Hoxe celebramos o Día da Paz

Foron moitas as actividades que levamos a cabo para conmemorar e celebrar este día tan importante e hoxe remataremos xuntándonos todos no ximnasio do colexio para levar a cabo unha actividade en común:
  • Cancións e bailes para a PAZ.
  • Reflexións e pequenas verbas.
  • Premios.
  • Solta de pombas