29/1/16

Hoxe celebramos o Día da Paz

Foron moitas as actividades que levamos a cabo para conmemorar e celebrar este día tan importante e hoxe remataremos xuntándonos todos no ximnasio do colexio para levar a cabo unha actividade en común:
  • Cancións e bailes para a PAZ.
  • Reflexións e pequenas verbas.
  • Premios.
  • Solta de pombas

28/1/16

Ambientamos a PAZ

No seguinte vídeo quedan recollidos os traballos de ambientación polo PAZ

26/1/16

Debuxo e lema gañador

Samuel Asmerón Fernández de 4º curso de primaria é o gañador do Concurso de Adhesivo para A PAZ.
Na celebración que faremos o venres, 29 de xaneiro, no colexio, terá unha pequena sorpresa!

25/1/16

Traballos para a PAZ dos nenos e nenas de Infantil

Estamos na semana da celebración do Día da Paz e por iso son moitos os traballos que se fan desde as aulas para ambientar e decorar os corredores do colexio. Na seguinte presentación podemos ver o mural colectivo de Infantil e a árbore da Paz dos nenos e nenas de 6º Infantil.


Exposición dos debuxos para o concurso de pegatina

Acabamos de presentar a Exposición dos debuxos e lemas do Concurso de Pegatina para a PAZ 2016.
Hai moitos traballos moi interesantes, agora o xurado fará a seleción da pegatina que nos representará este ano.


20/1/16

Vídeo dos alumnos de 6º curso

Os nenos e nenas de 6º curso acaban de gravar na Bibliosoños o, xa tradicional, vídeo conmemorativo para celebrar o día da Paz e Non Violencia.
Este ano a canción elexida é:  "Rumba das apertas", de Magín Blanco.


Tamén gravaron: 
SI MA MA KA e TUMBAI, TUMBAI

12/1/16

Preparando o DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de Xaneiro conmemoraremos, un ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA.
É certo que, polo menos, unha vez no ano, aproveitamos para falarlle ao noso alumnado sobre este home miúdo, protagonista principal da independencia da India da coroa británica, da súa morte violenta en 1948, ou da doutrina da desobediencia civil pacífica. Mesmo de que inspirou a outros grandes líderes internacionais como Martin Luther King ou Nelson Mandela, recentemente falecido.

Gandhi nunca recibiu o Premio Nobel da Paz, a pesares de que fora proposto como candidato ata en cinco ocasións, entre 1937 e 1948. 
Son moitos os pensamentos de Gandhi popularizados. Probablemente a idea de que "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño" é a máis recoñecida. Sen embargo ten outras reflexións ben exemplificadoras para alumnas e alumnos, por exemplo, aquela que fai referencia a que "A violencia é o medo ós ideais dos demais". Tamén compre lembrar a crítica demoledora da lei do talión: "Ollo por ollo e remataremos todos cegos". Ou aquela apelación directa a cada un de nós:  "Si queres cambialo mundo, empeza por cambiarte a ti mesmo"