29/1/16

Hoxe celebramos o Día da Paz

Foron moitas as actividades que levamos a cabo para conmemorar e celebrar este día tan importante e hoxe remataremos xuntándonos todos no ximnasio do colexio para levar a cabo unha actividade en común:
  • Cancións e bailes para a PAZ.
  • Reflexións e pequenas verbas.
  • Premios.
  • Solta de pombas

28/1/16

Ambientamos a PAZ

No seguinte vídeo quedan recollidos os traballos de ambientación polo PAZ

26/1/16

Debuxo e lema gañador

Samuel Asmerón Fernández de 4º curso de primaria é o gañador do Concurso de Adhesivo para A PAZ.
Na celebración que faremos o venres, 29 de xaneiro, no colexio, terá unha pequena sorpresa!

25/1/16

Traballos para a PAZ dos nenos e nenas de Infantil

Estamos na semana da celebración do Día da Paz e por iso son moitos os traballos que se fan desde as aulas para ambientar e decorar os corredores do colexio. Na seguinte presentación podemos ver o mural colectivo de Infantil e a árbore da Paz dos nenos e nenas de 6º Infantil.

Exposición dos debuxos para o concurso de pegatina

Acabamos de presentar a Exposición dos debuxos e lemas do Concurso de Pegatina para a PAZ 2016.
Hai moitos traballos moi interesantes, agora o xurado fará a seleción da pegatina que nos representará este ano.

20/1/16

Vídeo dos alumnos de 6º curso

Os nenos e nenas de 6º curso acaban de gravar na Bibliosoños o, xa tradicional, vídeo conmemorativo para celebrar o día da Paz e Non Violencia.
Este ano a canción elexida é:  "Rumba das apertas", de Magín Blanco.

Tamén gravaron: 
SI MA MA KA e TUMBAI, TUMBAI

12/1/16

Preparando o DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de Xaneiro conmemoraremos, un ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA.
É certo que, polo menos, unha vez no ano, aproveitamos para falarlle ao noso alumnado sobre este home miúdo, protagonista principal da independencia da India da coroa británica, da súa morte violenta en 1948, ou da doutrina da desobediencia civil pacífica. Mesmo de que inspirou a outros grandes líderes internacionais como Martin Luther King ou Nelson Mandela, recentemente falecido.

Gandhi nunca recibiu o Premio Nobel da Paz, a pesares de que fora proposto como candidato ata en cinco ocasións, entre 1937 e 1948. 
Son moitos os pensamentos de Gandhi popularizados. Probablemente a idea de que "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño" é a máis recoñecida. Sen embargo ten outras reflexións ben exemplificadoras para alumnas e alumnos, por exemplo, aquela que fai referencia a que "A violencia é o medo ós ideais dos demais". Tamén compre lembrar a crítica demoledora da lei do talión: "Ollo por ollo e remataremos todos cegos". Ou aquela apelación directa a cada un de nós:  "Si queres cambialo mundo, empeza por cambiarte a ti mesmo"

30/1/15

Celebramos o Día da Paz

Esta semana fixemos moitas actividades relacionadas coa PAZ e rematámola todos xuntos no ximnasio cantando e bailando as cancións que preparamos para este ano:
  • Que vivan a paz e o amor!
  • Cor esperanza
  • Danza: Speed the plough
No seguinte vídeo podemos ver un resumo das actividades:

27/1/15

Vídeo de traballos

Vídeo que recolle os traballos realizados nas aulas con motivo do 
DIA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA 2015

Traballo gañador para a pegatina conmemorativa

Traballo gañador para a pegatina conmemorativa do 
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA 2015.
Foi realizado na aula de 5º de Infantil como homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.

Irmaus
Un poema de Celso Emilio Ferreiro
(Celanova, 1912 - Vigo, 1979)

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.

Traballos de Infantil

Para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA os nenos e nenas de INFANTIL, xunto coas súas profesoras Mari, Inés, Ana, Cristina, Elisa e Marta, prepararon moitas actividades:
  • Pombas no acivro
  • Mural: "Mans de cores pola PAZ"
  • Traballo individual para participar no concurso da Pegatina Conmemorativa
  • Canción: "Que vivan a paz e o amor"

26/1/15

Actividades especiais no Día Escolar da PAZ

  • Entrega da pegatina conmemorativa:
    • "Concurso de lema e debuxo para pegatina" 
  • Exposición dos debuxos e lemas do concurso
  • Mural colectivo de infantil…”POMBAS no acivro”
  • Formación de usuarios na Biblioteca
  • Elaboración de vídeos conmemorativos

 Cancións e bailes:

  •       “Que vivan a paz e o amor”
  •       “Color esperanza” (cantada en galego)
  •       Danza colectiva:
    •  popular inglesa: “Speed the plough”

23/1/15

Traballo de investigación

Con motivo da vindeira celebración do 
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
deixamos aquí este pequeno traballo
sobre os últimos premios Nobel da PAZ

16/1/15

Traballando para celebrar o Día da Paz

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están aprendendo moi ben a canción:

14/1/15

Vídeo conmemorativo

Coma cada curso, os alumnos e alumnas de 6º curso preparan a canción que imos cantar todos xuntos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.
É un traballo preparado na BIBLIOSOÑOS a través da Aula de Música.

13/1/15

Convocatoria para a Pegatina Conmemorativa

Para conmemorar o 
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
 presentamos a

V CONVOCATORIA para a ELABORACIÓN DE PEGATINA
Estas son as bases:

12/1/15

Cancións para o Día da PAZ

QUE VIVAN A PAZ E O AMOR! 
COLOR ESPERANZA
 
10/1/15

Preparando o Día Escolar pola Paz