Hoxe celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz; a iniciativa xurdiu da iniciativa do Inspector de Ensino Lorenzo Vidal, no ano 1964
No noso colexio levamos a cabo unha xornada educativa de pacificación, co fin
de levar ao alumnado polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da
mensaxe fundamental de que "o Amor é mellor que o odio, a Non-Violencia
mellor que a violencia e a Paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).
Foron moitas e variadas as actividades que levamos a cabo na semana pasada
para traballar os valores que emanan deste día:
- Concurso de adhesivo (pegatina) con debuxo e lema para conmemorar esta data.
o
As
gañadoras foron Tania López de 4º de primaria e Julio Otero de 5º de infantil.
- Murais conmemorativos, letras pola paz…
·
Hoxe cantamos
as cancións que preparamos:
o
Unha
cura de amor (infantil e 1º e 2º curso)
o
Vois
sur ton chemin (Da película Los chicos del coro). Toda a primaria
o
O teu
inimigo (Canción traducida ao galego de Pablo López) con coreografía incluída.
- A CONTINUACIÓN FIXEMOS UNHA SOLTA DE POMBAS todos xuntos no patio do colexio.