O vindeiro 30 de Xaneiro conmemoraremos, un
ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A
NONVIOLENCIA.
É certo que, polo menos, unha vez no ano,
aproveitamos para falarlle ao noso alumnado sobre este home miúdo,
protagonista principal da independencia da India da coroa británica, da
súa morte violenta en 1948, ou da doutrina da desobediencia civil
pacífica. Mesmo de que inspirou a outros grandes líderes internacionais
como Martin Luther King ou Nelson Mandela, recentemente falecido.
Gandhi nunca recibiu o Premio Nobel da Paz,
a pesares de que fora proposto como candidato ata en cinco ocasións,
entre 1937 e 1948.
Son moitos os pensamentos de Gandhi popularizados. Probablemente a idea
de que "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño" é a máis
recoñecida. Sen embargo ten outras reflexións ben exemplificadoras para
alumnas e alumnos, por exemplo, aquela que fai referencia a que "A
violencia é o medo ós ideais dos demais". Tamén compre lembrar a crítica
demoledora da lei do talión: "Ollo por ollo e remataremos todos cegos".
Ou aquela apelación directa a cada un de nós: "Si queres cambialo
mundo, empeza por cambiarte a ti mesmo"